Cigarreiras

Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Aínda bebendo significativamente da citada novela, o noso texto constitúe un producto literario-dramático derivado pero independente.

Un texto que aborda ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interés cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brilantes argumentos aportados pola escritora e a súa novela, poden suscitar un grandísimo interés na sociedade actual, representada no teatro polo público.

  • Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Vestiario: Martina Cambeiro
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
  • Adaptación e dirección: Cándido Pazó
  • Produción executiva: Belén Pichel
  • Deseño gráfico: Planb Estudio
  • Técnicos en xira: Afonso Castro, Miguel Cabaleiro e Raúl Giraldo

Mocos

Un divertimento escénico que xoga coa memoria dese mundo que noutrora todos habitamos: a escola

Un divertimento teatral que, neste atribulado tempo no que a escola é un dos ámbitos eivados polo COVID, xoga coa memoria herdada dese mundo que, a gusto ou a desgusto, todos habitamos algún día

  • Escrito, dirixido e interpretado por: Cándido Pazó
  • Música orixinal e espazo sonoro: Manuel Riveiro
  • Iluminación e técnico en escena: Afonso Castro
  • Escenografía, vestiario e atrezo: Carlos Alonso
  • Colaborador no atrezo: Dani Trillo
  • Directora de produción: Belén Pichel

O Electo

Nun hipotético tempo… nunha suposta situación… A piques e dar o seu discurso de investidura, un recén elixido Presidente da Xunta enfróntase a un inesperado problema…

Un choqueiro tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.

Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país, unha responsabilidade da que fuxiriamos a maioría dos cidadáns?

  • Intérpretes:  Monti Castiñeiras, Antonio Mourelos
  • Texto orixinal: Ramón Madaula
  • Versión Galega: Cándido Pazó
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Música: Manuel Riveiro
  • Deseño gráfico: Miramemira
  • Produción: Lilian Portela
  • Dirección de produción: Sergi Calleja, Belén Pichel
  • Dirección: Candido Pazó

Memorias dun neno labrego

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primira publicación. “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes…

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

  • Adaptación e textos complementarios: Cándido Pazó
  • Cómico – narrador: Cándido Pazó
  • Escenografía, vestiario, atrezzo: Carlos Alonso
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música orixinal: Manuel Riveiro
  • Videocreación: Nano Besada Caneda e Ruben Vidal “Zé”
  • Construcción Escenográfica: David Fuentes
  • Deseño gráfico: Alberto Gende
  • Axudante de dirección: Afonso Castro
  • Produción: Belén Pichel
  • Dirección escénico adxunta: Avelino González
  • Dirección: Cándido Pazó