Cigarreiras | Contraproducións

Próximas Datas

    Non hai datas próximas

Baseado en La Tribuna de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o tono propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Aínda bebendo significativamente da citada novela, o noso texto constitúe un producto literario-dramático derivado pero independente.

Un texto que aborda ante unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interés cultural. Figuras, situacións e referencias que dan pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos… Temas que, ao fío dos vivos e brilantes argumentos aportados pola escritora e a súa novela, poden suscitar un grandísimo interés na sociedade actual, representada no teatro polo público.

  • Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Ana Santos e Ledicia Sola
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Vestiario: Martina Cambeiro
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
  • Adaptación e dirección: Cándido Pazó
  • Produción executiva: Belén Pichel
  • Deseño gráfico: Planb Estudio
  • Técnicos en xira: Afonso Castro, Miguel Cabaleiro e Raúl Giraldo