Próximas Datas

  • 12/11/2024 - NARÓN Pazo da Cultura
  • 13/11/2024 - NARÓN Pazo da Cultura

Unha peza para público infantil e familiar que, nun ton poético e nunha estética fresca e luminosa, conta o relato dunha reconciliación, coa vida e co seu pai, dunha nena de dez anos ferida por unha perda traumática.

Unha nena perdeu prematuramente a súa nai e, desde entón, está enfadada co mundo. O pai non sabe como romper o muro de incomunicación no que se encerrou a filla e argalla un curioso sistema: escribirlle mensaxes en avións de papel que lle lanza cada día desde o balcón e onde lle encomenda pequenas tarefas diarias como, por exemplo, ir devolver un libro á biblioteca.

Unha bibliotecaria amena e espelida axuda á nena a descubrir o vínculo entre os libros e a vida, logrando establecer coa cativa unha relación divertida, construtiva e inspiradora. Moitos anos despois, a nena, agora escritora, voltará á biblioteca para contarnos aquela experiencia iniciática e sanadora.

  • Autor: Harkaitz Cano
  • Versión galega: Cándido Pazó
  • Elenco: Paula Pier (A nena); Salvador del Río (O pai); Susana Sampedro (A bibliotecaria)
  • Escenografía: Fernando Bernués
  • Iluminación: Ximo Olcina
  • Ilustracións proxectadas: Isabel Helguera
  • Axudante de dirección: Antonio Mourelos
  • Axudante de produción: Patricia Souto
  • Directora de produción: Belén Pichel
  • Dirección de escena: Fernando Bernués