Nun hipotético tempo… nunha suposta situación… A piques e dar o seu discurso de investidura, un recén elixido Presidente da Xunta enfróntase a un inesperado problema…
Un choqueiro tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.
Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país, unha responsabilidade da que fuxiriamos a maioría dos cidadáns?
- Intérpretes: Monti Castiñeiras, Antonio Mourelos
- Texto orixinal: Ramón Madaula
- Versión Galega: Cándido Pazó
- Iluminación: Afonso Castro
- Escenografía: Dani Trillo
- Música: Manuel Riveiro
- Deseño gráfico: Miramemira
- Produción: Lilian Portela
- Dirección de produción: Sergi Calleja, Belén Pichel
- Dirección: Candido Pazó