Próximas Datas

    Non hai datas próximas

Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

Sinopse: Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

  • Intérpretes:  Patricia Vázquez e Rebeca Montero – Coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon
  • Texto orixinal: Jen Silverman
  • Adaptación: Lilian Portela
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Vestiario: Belén Pichel
  • Maquillaxe: Rebeca Montero
  • Música orixinal: Guillerme Fernández
  • Ilustración e deseño gráfico: Lúa Gándara
  • Realización vídeo: MM fineart&love
  • Axudante de dirección e Produción executiva: Lilian Portela
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección: Belén Pichel e Candido Pazó
  • Fotos: Cristina Astorgano (La Escena Iluminada)