Memorias dun neno labrego (formato grande)

Balbino é un neno de aldea, fillo de labregos pobres, que medra nun mundo de silencios, traballo e obediencia. A súa voz sincera e sensible narra a vida cotiá nunha aldea galega dos anos corenta.

A escola, a familia, os soños frustrados, as inxustizas sociais e o desexo constante de fuxir dun destino xa escrito, describindo en gran medida o panorama común da España rural daqueles duros anos.

Nunha historia que se estrutura arredor dunha serie de recordos que van dende a inxenua tenrura da infancia ata a crúa conciencia das desigualdades, recréanse as pasaxes máis representativas da novela de Neira Vilas: o maltrato escolar, a violencia doméstica, a perda do amigo ou dun animal querido, a frustración do primeiro amor, a dureza do traballo, a emigración, a represión e a angustia de sentirse diferente. Pero tamén os costumes e celebracións festivas da aldea, ou as esperanzas e alegrías que, a pesar de todo, pode ofrecer a vida.

  • Elenco: Xúlio Abonjo, Manuel Cortes, Iris Darriba, Mónica García, Federico Pérez Rey, Santi Romay, Ana Santos
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía e ilustracións proxectadas: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Vestiario: Martina Cambeiro
  • Música orixinal: Xosé Lois Romero
  • Asistencia de produción: Mariña Lestón
  • Fotografías: Miramemira, Nacho Castaño
  • Cartel: OLS
  • Técnicos en xira: Afonso Castro, Nacho Martín
  • Axudante de dirección: Belén Pichel
  • Xefes de produción: Francisco Veiga (CDG), Belén Pichel (Contraproducións)
  • Texto e dirección: Cándido Pazó

Apaga o candil

75 minutos lembrando a figura de Carlos O Xetal. Diversión, emoción e reflexión nun espectáculo que reivindica a riqueza da tradición oral e a memoria rural como fonte expresiva na que ten de beber a lingua viva e con arelas de futuro

Noite de luar. Encrucillada de camiños. Entra en escena un home miúdo e melancólico. É o personaxe d’O Xestal.

Á luz dun candil, vestido de repoludo gaiteiro rosaliano, sáelle ao paso un mozo novo e garrido. É a morte.

O personaxe d’O Xestal négase a recoñecer a morte en tan atípica fasquía. Cando finalmente a recoñece resístese a seguila, establecéndose entre eles unha dinámica e amena tirapuxa na que se entreveran os episodios máis significativos da sufrida vida d’O Xestal con algúns dos seus contos máis divertidos.

  • Autor: Cándido Pazó
  • Elenco: Avelino González, Toni Salgado
  • Escenografía e atrezzo: Pablo Giráldez “O Pastor”
  • Vestiario: De cotío
  • Cartaz: Juan Gende
  • Técnica e Iluminación: Afonso Castro e Miguel Cabaleiro
  • Música: Xurxo Souto e Richi Casás
  • Técnico de grabación: Tomás Ageitos
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección de escena: Cándido Pazó

Memorias dun neno labrego

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primira publicación. «Memorias dun neno Labrego»: En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes…

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

  • Adaptación e textos complementarios: Cándido Pazó
  • Cómico – narrador: Cándido Pazó
  • Escenografía, vestiario, atrezzo: Carlos Alonso
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música orixinal: Manuel Riveiro
  • Videocreación: Nano Besada Caneda e Ruben Vidal “Zé”
  • Construcción Escenográfica: David Fuentes
  • Deseño gráfico: Alberto Gende
  • Axudante de dirección: Afonso Castro
  • Produción: Belén Pichel
  • Dirección escénica adxunta: Avelino González
  • Dirección: Cándido Pazó