Próximas Fechas

    No hay fechas próximas

Nun Madrid barroco de intrigas, sotanas e secretos, un xoven monarca queda atónito ante o misterio do corpo feminino.

O seu desexo de ver desnuda á raína desata un terremoto na corte, onde obispos, válidos e criados se enfrontan entre o pecado e o pracer, entre a razón e a fe. Con humor mordaz e unha ironía deslumbrante, esta versión teatral revive a sátira máis brillante de Torrente Ballester: unha comedia sobre o poder, a hipocresia e a liberdade dos sentidos. Un simple capricho real pode poñer en xaque a todo un imperio.

Historia, erotismo e crítica social se funden nunha posta en escena tan divertida como provocadora.

  • Elenco: Anxo Outumuro, María Roja, Cristina Andrade, Toni Salgado, Antonio Mourelos, Nacho Castaño
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Pablo Giráldez «O Pastor»
  • Música: Manuel Riveiro
  • Produción executiva: Belén Pichel
  • Distribución: Sergi Calleja
  • Versión e dirección: Cándido Pazó