Xa podemos anunciar o próximo espectáculo de Contraproducións: NACIDAS LIBRES, unha peza para catro actrices. Unha obra inspirada nunha noticia aparecida hai ano e medio na prensa: “La policía rescata a tres monjas indias retenidas contra su voluntad en un convento de clausura de Santiago”.
En co-produción coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.
- Texto de Cándido Pazó e dirección de Cristina Domínguez.
- Con: Susana Dans, Mónica Camaño, Casilda Alfaro e Rocío González.
- Música orixinal: Guille Fernandez.
- Iluminación: Afonso Castro.
- Escenografía: Carlos Alonso.
- Vestiario: Belen Pichel e Carlos Alonso.
- Comunicación: Lilian Portela
- Produción: Belén Pichel.
Estrea o 30 de xuño na Mostra de Cangas.