Próximas Datas

  • 14/10/2017 - Outes
  • 27/10/2017 - Malpica
  • 10/12/2017 - A Pobra do Caramiñal

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primira publicación. “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes…

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

  • Adaptación e textos complementarios: Cándido Pazó
  • Cómico – narrador: Cándido Pazó
  • Escenografía, vestiario, atrezzo: Carlos Alonso
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música orixinal: Manuel Riveiro
  • Videocreación: Nano Besada Caneda e Ruben Vidal “Zé”
  • Construcción Escenográfica: David Fuentes
  • Deseño gráfico: Alberto Gende
  • Axudante de dirección: Afonso Castro
  • Produción: Belén Pichel
  • Dirección escénico adxunta: Avelino González
  • Dirección: Cándido Pazó