Próximas Datas

  • 27/04/2024 - Cangas

Baseado en “La Tribuna” de Emilia Pardo Bazán. Unha proposta dramatúrxica audaz que, con sete actrices en escena, conxuga o ton propio dun drama individual e colectivo como La Tribuna, con outros máis frescos e lixeiros, incluso cómicos por momentos, tan característicos da narrativa de Emilia Pardo Bazán.

Aínda bebendo significativamente da citada novela, Cigarreiras constitúe un produto literario-dramático derivado pero independente.

Un texto e un espectáculo que abordan unhas figuras (a de Pardo Bazán e a das cigarreiras), unhas situacións e unhas referencias históricas de marcado interese cultural, dando pé a tratar temas totalmente vivos hoxe en día: memoria colectiva, perspectiva de xénero, dialéctica de modelos sociais e políticos…

  • Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Vestiario: Martina Cambeiro
  • Deseño gráfico: Planb Estudio
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Deseño espazo musical: Manuel Riveiro
  • Produción executiva: Belén Pichel
  • Adaptación e dirección: Cándido Pazó