Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.
A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado.
Unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.
- Texto: Cándido Pazó
 - Actores: César Cambeiro como Don Eduardo, Adrián Ríos como Eduardo, Alba Bermúdez como Rosa
 - Escenografía: Carlos Alonso
 - Iluminación: Afonso Castro
 - Vestiario: Carlos Alonso e Belén Pichel
 - Realización Vestiario: Mila Abal
 - Música: Guillerme Fernández
 - Axudante de Dirección: Belén Pichel
 - Axudante de Produción: Lilian Portela
 - Xefa de Produción: Belén Pichel
 - Dirección: Cándido Pazó
 - Fotografía: Cristina Becerra
 
