A prensa faise eco do estreo de Nacidas Libres

Deixámosvos o enlace dunha nova publicada no xornal Faro de Vigo onde falan do próximo estreo de Contraproducións: Nacidas Libres.

A obra será preestreada o próximo 24 de Xuño en A Illa.

A música de O Tolleito de Inishmaan en plataformas dixitais

Xa está dispoñible en plataformas dixitais a marabillosa música que fixo Guillerme Fernández para “O tolleito de Inishmaan”

E pronto desfrutaremos de novo da súa creatividade con Nacidas libres. O 30 de xuño en Cangas.

Nacidas Libres: O novo espectáculo de contraproducións

Xa podemos anunciar o próximo espectáculo de Contraproducións: NACIDAS LIBRES, unha peza para catro actrices. Unha obra inspirada nunha noticia aparecida hai ano e medio na prensa: “La policía rescata a tres monjas indias retenidas contra su voluntad en un convento de clausura de Santiago”.

En co-produción coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.