O Electo

Nun hipotético tempo… nunha suposta situación… A piques e dar o seu discurso de investidura, un recén elixido Presidente da Xunta enfróntase a un inesperado problema…

Un choqueiro tic nervioso ameaza con arruinar tan solemne momento. Un psiquiatra acode para atendelo e iníciase unha divertida e incisiva batalla dialéctica entre os dous.

Cales son as motivacións que levan a alguén a querer ser presidente do seu país, unha responsabilidade da que fuxiriamos a maioría dos cidadáns?

  • Intérpretes:  Fernando Coronado, Antonio Mourelos
  • Texto orixinal: Ramón Madaula
  • Versión Galega: Cándido Pazó
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Dani Trillo
  • Música: Manuel Riveiro
  • Deseño gráfico: Miramemira
  • Produción: Lilian Portela
  • Dirección de produción: Sergi Calleja, Belén Pichel
  • Dirección: Candido Pazó

A Compañeira de Piso

Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, A compañeira de piso trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso (The Roommate), de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Destacada pola crítica americana como unha mestura de “Thelma & Louise”, “A estraña parella” e “Breaking Bad”, Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

Sinopse: Sharon (Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

  • Intérpretes:  Patricia Vázquez e Rebeca Montero – Coa colaboración na voz en off de Xose Barato como fillo de Sharon
  • Texto orixinal: Jen Silverman
  • Adaptación: Lilian Portela
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Vestiario: Belén Pichel
  • Maquillaxe: Rebeca Montero
  • Música orixinal: Guillerme Fernández
  • Ilustración e deseño gráfico: Lúa Gándara
  • Realización vídeo: MM fineart&love
  • Axudante de dirección e Produción executiva: Lilian Portela
  • Dirección de produción: Belén Pichel
  • Dirección: Belén Pichel e Candido Pazó
  • Fotos: Cristina Astorgano (La Escena Iluminada)

Commedia

En 1.993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase COMMEDIA un xoguete para Goldoni un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo equipo creativo, revisitamos aquela experiencia, celebramos aquela festa teatral.

Arlecchino encontra unha carta de amor no mandil da súa muller e, erradamente, pois a carta non era para ela, pensa que ela o engana. Desesperado, quere matarse. Pero deteno unha misteriosa voz que vén de ningures e que lle dá un anel máxico que ten a extraordinaria propiedade de facer perder a memoria a quen o pon. Arlecchino esquéceo todo. Pero, como dano colateral, esquece tamén a noción das convencións sociais.

A partir deste arranque argumental sucédense unha serie de divertidos equívocos e enxeñosos enredos nos que participan algunhas das principais figuras da “commedia dell ́arte”: o cutre taberneiro Brighella, o pedante Dottore, o avaro Pantalone, o fanfarrón Capitano, a encantadora Arxentina…

Un argumento que, máis alá do imprescindíbel alarde formal e lúdico, da pé para xogar criticamente cos manidos tópicos do amor romántico e os riscos do exercicio indiscriminado da sinceridade.

  • Dramaturxia e traballo textual: Cándido Pazó
  • Actores e Actrices: Victor Mosqueira, Marcos Orsi, Avelino González, Nuria Sanz, César Goldi, Sergio Zearreta
  • Escenografía e Vestiario: Suso Montero
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Dirección Musical: Fernando Reyes
  • Axudante de Produción: Lilian Portela
  • Xefa de Produción: Belén Pichel
  • Dirección: Cándido Pazó

Historias que veñen e van

Diversión, evocación, emoción, reflexión no máis vello e novo dos espectáculos: o de contar. Contos, comedia e outras lerias que van de boca en boca, que se escoitan aqui e se contan alá… Verdades que parecen mentira e mentiras que parecen verdade.

Un espectáculo fácil de montar. Adáptase a calquera espazo, interior ou exterior, axeitado para a comunicación escénica (libre de ruídos e interferencias).

Encaixa en todo tipo de programación. O narrador conta cun rexistro das historias que foi contando en cada lugar para así adaptar o repertorio a cada nova ocasión.

Para todos públicos, pero non especificamente infantil.

Fillos do Sol

Elucubración teatral sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que ocupou toda a súa vida como escritor: Os Eoas.

A cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, o bardo bergantiñán, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas, tendo por interlocutores un personaxe nacido da súa perturbación e a xove criada da pensión na que está albergado.

Unha coprodución do FIOT de Carballo e Contraproducións, baixo o auspicio da Fundación Eduardo Pondal, para celebrar o 100 aniversario da morte do bardo bergantiñán.

  • Texto: Cándido Pazó
  • Actores: César Cambeiro como Don Eduardo, Adrián Ríos como Eduardo, Alba Bermúdez como Rosa
  • Escenografía: Carlos Alonso
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Vestiario: Carlos Alonso e Belén Pichel
  • Realización Vestiario: Mila Abal
  • Música: Guillerme Fernández
  • Axudante de Dirección: Belén Pichel
  • Axudante de Produción: Lilian Portela
  • Xefa de Produción: Belén Pichel
  • Dirección: Cándido Pazó
  • Fotografía: Cristina Becerra

Que comerá o rei?

Unha sesión de historias e contos inspirados nos textos e debuxos de Castelao.

Cándido Pazó apresenta “Que comerá o rei?”: Un espectáculo que, coa palabra como única ferramenta, procura o humor agudo e tenro, a expresión sinxela e sutil e o trazo delicado e potente do xenial artista.

Memorias dun neno labrego

Monólogo escénico-narrativo sobre o libro de Xosé Neira Vilas, no 50 aniversario da súa primira publicación. “Memorias dun neno Labrego”: En 1961 publicouse en Buenos Aires un dos libros máis sobranceiros da literatura galega. O máis editado, lido e traducido. O que todos lembramos con tenrura. O que todos asociamos con algunha vivencia propria ou herdada.

Un espectáculo emotivo e divertido que combina a experiencia de Cándido Pazó como autor, actor e director, coa súa recoñecida traxectoria como contador de historias e monologuista.

A estilización formal do teatro e a comunicación fresca e directa do monólogo cómico e a xograría oral, na senda de Darío Fo, El Brujo, Pepe Rubianes…

Un espectáculo de gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cunha elaborada iluminación, debuxa unha suxestiva escenografía das emocións. Un espectáculo no que cada momento e cada situación ten a súa sonoridade da man dunha proposta musical composta para a ocasión.

  • Adaptación e textos complementarios: Cándido Pazó
  • Cómico – narrador: Cándido Pazó
  • Escenografía, vestiario, atrezzo: Carlos Alonso
  • Iluminación: Afonso Castro
  • Música orixinal: Manuel Riveiro
  • Videocreación: Nano Besada Caneda e Ruben Vidal “Zé”
  • Construcción Escenográfica: David Fuentes
  • Deseño gráfico: Alberto Gende
  • Axudante de dirección: Afonso Castro
  • Produción: Belén Pichel
  • Dirección escénico adxunta: Avelino González
  • Dirección: Cándido Pazó